domingo 01 maio 2016

ARTEFACTO SALNÉS 2016

Bueno, pois haberá próximo concerto no que participaremos os Killing Floor máis eu na INAUGURACIÓN da exposición CANCIONEIRO do Artefacto Salnés, arte de alumnado do instituto Ramón Cabanillas e de artistas xa recoñecidos! Compartide para que chegue aos vosos contactos, e verémonos na Sala de exposicións Pazo Torrado o Venres 6 de Maio.

O concerto será de cancións coñecidos de distintos grupos de todo o Estado.

luns 25 abril 2016

Carta de amor





A inspiración non é o meu
pero cando che vexo a ti
o mundo apártase de min
agás ti.

Eu son moi xoven pa' escribir
cartas de amor sen un fin
pero namoreime de ti
e a vida combioume nun "plin"

O cuco canta para as tres,
o sol xa nace na "montana",
as aves migran cara o sur, o inverno xa ven pa' aquí 
e os días fanse mais curtos.

A iñorancia é o mellor
sin saber qué pensas de min,
hai unha alma na estación cerca do meu corazón
pero o autobús non para aquí.

Pero a vida non é inmune
ós problemas da amizade.
Non che escribo desde hai tempo que só che falo en silencio,
que só che falo en silencio.

Si escoitas esta canción
e a Parca inda non me levou,
cando me toque ir pa' alá, inda che hei de esperar,
descansarei sempre en Paz.

                       Anxo Xesteira

xoves 21 abril 2016

Concerto en Aleria ás 23:00h. Alí vos esperamos!



Levaremos clásicos en español de grupos coñecidos e algunhas pezas propias e versións de grupos en galego.

martes 15 decembro 2015

¡Terra!




TERRA


A neve nos curutos,
a brétema no val,
o son bicando as veigas,
o vento no pinal.

Este berro de loita
estenden polo chan,
esperta e érguete axiña,
Terra de Breogán

Fillos do chan Galego,
rexos celtas, irmáns
os corazóns dispostos
nun feixe á vontás

Respóndanos ó berro
que nos chama a loitar
¡Liberdade e nobre sagra!
¡Terra de Breogán!

MÚSICA DE XOÁN SILVA
LETRA DE RAMÓN CABANILLAS (VENTO MAREIRO)

mércores 25 novembro 2015

Magosto 2016 no IES Ramón Cabanillas

Xa que estou, tamén publico un éxito que houbo no meu instituto, IES Ramón Cabanillas, que bueno, a parte de cantar con este grupo tamén toquei a gaita, que ahínda que non quede constancia en foto, si que a toquei con algúns compoñentes de XIROSNSA. 
Entón, poño esto por poñer algo do que fixen nestes últimos meses.


UN SOÑO FEITO REALIDADE!


Bueno, xa fai tempo que non escribo nada, pero hoxe publico estas fotos dunha experiencia que tiven fai a redor dun mes. Conseguin tocar con treixadura como sustituto, xa que un dos compoñentes estaba indisposto; gracias a él, permitindome esta expresión, conseguín facer realidade un dos soños que teño xa dende neno, e dende aquí quero darlle as gracias non solo ao compoñente de treixadura por poñerse enfermo (que conste que xa está ben) e a TREIXADURA por confiar en min!! GRACIAS.





martes 01 setembro 2015

ONTE E HOXE




Mirade este trío ONTE E HOXE que se formaron recentemente

Composto por
Itzar Sollo García ........ Flauta e Voz
Víctor Bóveda Prado .... Guitarra e Voz
Roberto Fernández Lores......Voz



Este grupo teñen como obxectivo recuperar unha sererie de cancións galegas que semellan ser un tanto esquecidas.

Interpretan cancións en galego, principalmente dos anos 60 - 70, de artistas como poden ser:

- Andres do Barro

- Pucho Bohedo
- Luís Emilio Batallán,
etc.


Podedes escoitar algún tema no YouTube:





venres 28 agosto 2015

FESTIVAL XIRONSA



Bueno, xa levo eu persoalmente esperando este día máis o de mañán así que espero disfrutalo eu, toda a xente que vaia e todos xuntos. FESTA!!

Intentarei publicar aquí algunha foto. Graciaas

venres 17 abril 2015

ISI VAAMONDE EN CONCERTO

BUENO, AQUÍ VOS DEIXO O CARTEL DO CONCERTO DO DÍA 2 DE MAIO DE ISI VAAMONDE CO SEU GRUPO ONDE COLABORAREMOS A CANTANTE ANDREA AREA MAIS EU.

ANIMÁDEVOS!!

Deseño: Fernando Arenaz