martes, 15 de decembro de 2015

¡Terra!




TERRA


A neve nos curutos,
a brétema no val,
o son bicando as veigas,
o vento no pinal.

Este berro de loita
estenden polo chan,
esperta e érguete axiña,
Terra de Breogán

Fillos do chan Galego,
rexos celtas, irmáns
os corazóns dispostos
nun feixe á vontás

Respóndanos ó berro
que nos chama a loitar
¡Liberdade e nobre sagra!
¡Terra de Breogán!

MÚSICA DE XOÁN SILVA
LETRA DE RAMÓN CABANILLAS (VENTO MAREIRO)

Ningún comentario:

Publicar un comentario