Algo sobre min

Son Anxo Xesteira Serrano, nacín un 23 de xullo de 1999. Xa dende neno, según recordo e me contan, gustábame a música, encantábame a música tradicional.

Tamén iba a clase de linguaxe musical coa miña avoa, e tocaba moito o tamboril co meu pai á gaita e meu irmán ao bombo.

Máis tarde, cando tiña 8 anos, empecín co acordeón no conservatorio de Cambados; rematei 4º de grado Elementa de acordeón e 4º grado Elemental de piano e agora estou no Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra. Formei parte da Banda de música Municipal de Ribadumia dende 2009 ata Agosto de 2014, e seguín dende o mesmo ano (2009) na Banda de música de Castrelo ata Novembro 2015, tamén estiven no coro parroquial Santa Mariña Dozo dende 2012 ata xuño de 2015. Son un dos fundadores xunto co meu irmán dos Xeitosiños de Cambados dende 2009. Tamén do grupo de Rock Cabina 402 con outros compañeiros, fundado en Outubro de 2014 no conservatorio de Pontevedra, este proxecto rematou en Decembro de 2016.  Agora, dende Agosto de 2016, formo parte do Grupo "ONTE E HOXE" como percusionista. 

Durante estes anos participei con diversos grupos de Cambados e arredores; a agrupación de gaiteiros Xironsa, Isi Vaamonde, Xoán e Blas, os distintos coros e corais de Cambados, entre outros; tamén por fóra de Cambados toquei na banda de gaitas da e-Trad onde o director é meu pai, e Son de Seu. En Outubro de 2015 tiven a gran oportunidade de participar con Treixadura gaiteiros, e en novembro toquei o bombo xunto co meu pai e meu irmán nun acto da RAG dos 100 anos da publicación do libro "Vento Mareiro" de Ramón Cabanillas. Tamén actuei en solitario no ano ao que se lle adicaron as Letras Galegas a Manuel María cantando e tocando a guitarra en diversas actividades sobre este. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario